En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción da concesión de augas outorgada pola Resolución de Augas de Galicia do 1.4.2005, coas seguintes características:
Titular: Mª Toñita Amado Blanco.
NIF: ***7230**.
Expediente: DH.A15.19207.
Volume total anual: 1.987 m3/ano.
Caudal: 0,063 l/s.
Orixe:manancial nas coordenadas x=572.480 y=4.799.880.
Destino: doméstico e gandeiro.
Lugar: A Fraga.
Parroquia: Torres (San Xorxe).
Concello: Vilarmaior.
Ao tempo, a mesma solicitante está a tramitar unha nova concesión de augas, coas seguintes características:
Expediente: DH.A15.70325.
Volume total anual: 596,78 m3/ano.
Caudal instantáneo: 0,02 l/s.
Orixe:manancial nas coordenadas x=572.271 y=4.799.623.
Destino: gandeiro.
Lugar: A Fraga.
Parroquia: Torres (San Xorxe).
Concello: Vilarmaior.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento realízase na parcela con referencia catastral 15092A021000230000BP, mediante un pozo de 7 metros de profundidade. As augas condúcense por un tubo PE ¢32 mm que atravesa as seguintes parcelas:
– 15092A021090140000BQ (camiño).
– 15092A021000240000BL.
– 15092A021000280000BO.
– 000300100NH79G0001WH.
– 15092A021000520000BY.
Ata chegar a un depósito situado na parcela 15092A021000230000BP, onde se usan as augas.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
A Coruña, 18 de decembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
