DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Dozón (expediente DH.A36.72419) e declaración de extinción da concesión (clave DH.A36.10965), que se tramitan conxuntamente.

Tramitación de concesión DH.A36.72419:

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH), aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Bendoiro CA, S.L.

CIF: ***2603**.

Expediente: DH.A36.72419.

Volume total anual: 66.575,63 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,11 l/s.

Destino: gandeiro.

Orixe:

Pozo 1: X= 577328, Y= 4720812; (ETRS89).

Pozo 2: X=577431, Y=4720458; (ETRS89).

Lugar: A Eirexa.

Parroquia: O Sisto (San Xoán).

Concello: Dozón.

Provincia: Pontevedra.

Descrición do aproveitamento:

A auga extraída de dous pozos de barrena é utilizada para abastecer os animais e a limpeza dunha granxa de porcino situada na parcela 36016A001004790000FQ e outra granxa de vacún e dúas granxas de porcino situadas na parcela 36016A004000020000FO.

O pozo nº 1 está situado na parcela 36016A001000840000FE. Ten 70 m de profundidade, 125 mm de diámetro e unha bomba de 2 CV, con capacidade de extracción de 3,5 m3/h.

Do pozo parte unha tubaxe de 40 mm de diámetro, de 118 m, ata un depósito de 17 m3 situado na mesma parcela, nas coordenadas X= 577306; Y= 4.720593 (ETRS89).

O pozo nº 2 está situado na parcela 36016A004001990000FX. Ten 60 m de profundidade, 125 mm e unha bomba de 4 CV, de 8,5 m3/h. Do pozo parte unha tubaxe de 63 mm, de 221 m, ata o citado depósito, do cal parten dúas tubaxes cara a outros tres depósitos secundarios de 6 m3 cada un.

Extinción de concesión DH.A36.10965:

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, faise público que foi iniciada de oficio a seguinte extinción de concesión de augas por finalización do prazo de vixencia desta:

Solicitante: Bendoiro Sat 923 Xuga.

CIF: ***2603**.

Expediente: DH.A36.10965.

Volume total anual: 43.835 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,39 l/s.

Destino: gandeiro e rega.

Orixe:

Pozo 1: X= 577544, Y= 4720684.

Pozo 2: X= 557454, Y= 4721026.

Lugar: A Eirexa.

Parroquia: O Sisto (San Xoán).

Concello: Dozón.

Provincia: Pontevedra.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Así mesmo, en cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, faise público que se está a tramitar a solicitude de concesión de augas con clave DH.A36.72419.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro