DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2025 Páx. 5673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.02771, outorgada o 19.6.2003, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36. 94325).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de usuarios Pedra do Corzo.

Expediente: DH.A36.94325.

Volume total anual: 11.100,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,37 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: catro (4) mananciais M1 a M4:

M1 e M2 en parc. 94, pol. 39.

M3 en parc. 562, pol. 44.

M4 en parc. 191, pol. 44.

Todas do Catastro de Vilaboa.

Lugar: Casal de Santa.

Parroquia: Vilaboa.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga condúcese dunha arqueta de captación á seguinte ata que desde a última (M4) segue ao depósito bloques 351 m3 na parc. 192, pol. 44, do que parte a rede de distribución ás vivendas, locais e parcelas de rega que abastece a Comunidade. O sobrante condúcese a un depósito contra incendios na mesma parcela.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 16 de decembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur