En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Regantes de Carbia.
Expediente: DH.A36.103288.
Volume total anual: 4.499 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,35 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial.
Lugar: Carbia.
Parroquia: Santa Cristina de Vea.
Concello: A Estrada.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación dun manancial situado na parcela 399 da zona de concentración parcelaria de Santa Cristina de Vea, mediante tubaxe de drenaxe horizontal soterrada, e na súa condución ata unha caseta de repartición na mesma parcela, semisoterrada, duns 4,5×4,0 m en planta e 2,5 m de alto, onde se localizan catro depósitos individuais de PVC de 2.000 litros cada un, dos cales sae unha tubaxe de 32 mm para o consumo de cada usuario, pasando por unha arqueta de formigón de 1×1×0,5 m na esquina suroeste da mesma parcela. As augas sobrantes dos depósitos derívanse a un depósito de acumulación descuberto de 6,25×5,25×1,00 m na mesma esquina.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
