Por medio do presente anuncio publícase que a Presidencia do INORDE, por Resolución núm. 2024/0495, ditada con data do 23.10.2024 aprobou a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2024 nos seguintes termos:
I. Prazas de acceso libre de persoal laboral fixo, correspondentes á taxa xeral do 120 % de reposición de efectivos:
– 1 peón agrícola (AP). Sistema de selección: concurso-oposición libre.
II. Prazas ocupadas por persoal laboral indefinido no fixo declarado por sentenza xudicial firme:
– 2 técnicos grao medio (A2). Sistema de selección: concurso-oposición.
– 1 auxiliar administrativo (C2). Sistema de selección: concurso-oposición.
III. Prazas de promoción interna:
Prazas de funcionarios: 1 administrativo de Administración xeral (C1). Sistema de selección: concurso-oposición.
Prazas laborais: 1 oficial de actividades de promocións (C1). Sistema de selección: concurso-oposición.
O contido íntegro do anuncio de aprobación foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 221, do 15 de novembro de 2024.
Contra esta acordo, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso administrativo de alzada ante a Presidencia da Deputación Provincial de Ourense no prazo dun mes. Os prazos indicados computaranse de data a data a partir do día seguinte ó da publicación.
Ourense, 17 de decembro de 2024
Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente do Instituto Ourensán de
Desenvolvemento Económico-INORDE
