De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta Administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a Resolución de comunicación e requirimento definitivo para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na relación de parcelas con referencia catastral que se detallan, que na súa parte dispositiva establece:
Primeiro. Non procede a estimación ou desestimación de ningunha alegación posto que, segundo consta no certificado expedido pola Secretaría o 26 de decembro de 2024, non se presentaron alegacións en referencia ao cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:
|
Referencia catastral |
36025A003000180000GL |
|
Localización |
Lg. do Cruceiro, Verducido |
|
Superficie parcela |
746,00 m2 = 0,0746 ha |
|
Superficie afectada |
746,00 m2 = 0,0746 ha |
|
Rede de defensa contra incendios |
Asimilable á rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Segundo. Efectuar a comunicación definitiva para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigas incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:
|
Referencia catastral |
36025A003000180000GL |
|
Localización |
Lg. do Cruceiro, Verducido |
|
Superficie parcela |
746,00 m2 = 0,0746 ha |
|
Superficie afectada |
746,00 m2 = 0,0746 ha |
|
Rede de defensa contra incendios |
Asimilable a rede secundaria de faixas de xestión da biomasa |
Terceiro. Posto que no constan no Concello datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, considéranse responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro inmobiliario como responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas por figurar como titular dos terreos na Dirección Xeral do Catastro.
Porén, segundo a alegación presentada na cal se pon en coñecemento que a titular catastral da parcela non é a propietaria da parcela con referencia catastral 36025A003000180000GL, o Concello, ao non dispor doutros datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, tramitará o expediente como se se tratase dunha persoa responsable descoñecida e procederase segundo o descrito no alínea c) do punto oito da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de xeito que a notificación se efectuará directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do Concello, segundo o indicado no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Cuarto. De acordo co informe técnico municipal, emitido o 22 de agosto de 2024 e ratificado no informe do 26 de decembro de 2024, apreciáronse, entre outras, as seguintes deficiencias:
A parcela denunciada conta con extracto arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión. Incúmprense deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.
Igualmente, a parcela denunciada conta con extracto arbóreo (frondosas caducifolias), en parte da súa extensión. Incumpre deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a desmesta coa formación de masas mixtas distanciadas 7 metros entre si e a poda das árbores <11,4 m de altura ata 1/3 da súa altura e dos arbores >11,4 m de altura ata 4 metros da súa altura.
Quinto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable realice as actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Sexto. Unha vez transcorrido o devandito prazo, que os servizos técnicos municipais realicen visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do/a interesado/a.
Sétimo. Apercibir ao responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas de que, se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello realizará, sen máis trámites, a súa execución subsidiaria.
Lembrarlle ao responsable a obriga que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.
Oitavo. Determinar que, segundo a valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos cales previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Ha afectadas pola execución |
Liquidación provisional |
|
378/2024 |
36025A003000180000GL |
0,1883 ha |
167,70 € |
Advírtese que, no caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, se efectuará a exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.
Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.
Noveno. Advírtese que, no caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, se iniciará tamén o correspondente procedemento sancionador.
Así mesmo, efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.
Décimo. Notificarlles a presente resolución da comunicación e requirimento definitivo ás persoas interesadas.
No entanto, contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpor o recurso potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade e anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada Lei. O prazo para interpor o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).
Así mesmo, de conformidade co disposto nos artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente dáselles un prazo de dez días para que se presenten nas dependencias deste concello e examinen o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
A Lama, 27 de decembro de 2024
David Carrera Cal
Alcalde presidente
