Pola Resolución da Alcaldía deste Concello, do 9 de novembro de 2024, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se indican, para o ano 2024.
Persoal funcionario:
– 1 praza de policía local (C1), quenda libre, xornada completa, oposición.
– 1 praza de técnico/a de Intervención-Tesouraría (A1), quenda libre, xornada completa, oposición.
Persoal laboral:
– 1 praza de auxiliar da Oficina de Turismo (grupo IV), quenda libre, xornada completa, fixo-descontinuo, concurso-oposición (40 %-60 %).
– 2 prazas de monitor/a da aula de espera (grupo IV), quenda libre, ao 26,67 % da xornada a tempo completo establecida no Convenio do Concello de Allariz (37,5 h. semanais), fixo-descontinuo, concurso-oposición (40 %-60 %).
En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público do ano 2024.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, alternativamente, recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, á súa elección, que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.
Todo iso sen prexuízo de que vostede poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.
Allariz, 9 de decembro de 2024
M. Cristina Cid Fernández
Alcaldesa
