DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, de notificación da resolución de modificación do acordo, en relación co expediente de reestruturación parcelaria da zona de San Tomé (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 30 de decembro de 2024

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Núm. prop.

Interesada/o

Acto que se notifica

324

76675398E

Resolución do 9.10.2024

548

V32420168

Resolución do 18.10.2024

558

V32376899

Resolución do 18.10.2024

948

34921256B

Resolución do 9.10.2024

1048

34928077R

Resolución do 9.10.2024