DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación de concesión de augas no concello de Lalín (expediente DH.A36.72416/DH.A36.08245).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Manuel Costa Rodríguez.

DNI: ***9803**.

Expediente: DH.A36.72416/DH.A36.08245.

Volume total anual: 1.754,90 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,1 l/s.

Destino: rega.

Orixe: x= 569898, y= 4722207; (ETRS89).

Lugar: Porto.

Parroquia: Botos (San Xoán).

Concello: Lalín.

Provincia: Pontevedra.

Descrición do aproveitamento:

Manancial na parcela catastral 0024402NH7202S0001PD. A auga cáptase mediante unha condución pechada de pedra de 7 m, de sección rectangular de 0,7×1 m, soterrada. Desde aí a auga cae por gravidade nunha canle de 132 metros, ata a parcela obxecto de rega, 0021304NH7202S0001OD.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Centro