DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Oleiros (expediente DH.A15.102220).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Aro and Pets, S.L.

CIF: ****1632*.

Expediente: DH.A15.102220.

Volume total anual: 646 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,80 l/s.

Orixe:

Pozo 1. x= 555.364; y= 4.802.703.

Pozo 2. x= 555.302; y= 4.802.593.

Lugar: A Besta.

Parroquia: Maianca.

Concello: Oleiros (A Coruña).

Destino: doméstico, rega e gandeiro.

Lugar: A Besta.

Parroquia: Maianca.

Concello: Oleiros (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

Trátase de dous pozos de captación de 90 m de profundidade na parcela. Ambas as dúas captacións atópanse na parcela 15059A008000090000TJ.

As augas dos dous pozos úsanse no propio predio, arrendado ao solicitante para a instalación dun núcleo zoolóxico. Un dos pozos utilizarase para os traballadores, e o outro para uso gandeiro e rega.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 18 de decembro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Norte