DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de decembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilagarcía de Arousa que supón a extinción da DH.A36.01066 (expediente DH.A36.97806).

En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.

Expediente: DH.A36.97806.

Volume total anual: 262.800,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 55,50 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: captación do río Con ao NE da parcela 0859901NH2105N0001KF e dous pozos na parcela 765, pol. 27 do Catastro de Vilagarcía de Arousa.

Lugar: Os Martices.

Parroquia: Cea.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Descrición:

A auga dos pozos bombéase ao depósito 1 e o sobrante deste ao depósito 2, que recibe tamén a auga bombeada da captación do río. Esta realízase mediante unha arqueta na marxe dereita e un pequeno encoro augas abaixo. O depósito 2 alimenta o depósito 3, que abastece o grupo de presión para dar servizo aos principais procesos da factoría na parcela 0761033NH2106S0001IH. O depósito 1 dá servizo ao resto de procesos. Todos os depósitos na parcela da factoría.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de decembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Sur