DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0098/2024-V e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

Por tanlo, por medio deste anuncio notifícaselle ás persoas indicadas no anexo o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 7/2023, do 28 de marzo; BOE núm. 75, do 29 de marzo, en relación coa Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm.194, do 11 de outubro).

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2025

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANI-CO-0098/2024-V

DNI 32663290R

Proposta de resolución

ANI-CO-0133/2024-V

DNI 78796245Q

Acordo de inicio

ANI-CO-0144/2024-V

DNI 33253644Z

Acordo de inicio