De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na avenida de La Habana, núm. 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 7 de xaneiro de 2025
A directora territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 10.7.2024)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
ANP-OU-19/2024-V |
44428246C |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
|
ANP-OU-22/2024-V |
76867691N |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
|
ANP-OU-30/2024-V |
44657520F |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANP-OU-34/2024-V |
35602122P |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANI-OU-100/2024-V |
32796201H |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
|
ANI-OU-103/2024-V |
44457371G |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
|
ANI-OU-130/2024-V |
76726087L |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANI-OU-131/2024-V |
38461971Z |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANI-OU-132/2024-V |
X2065767E |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
