DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2025 Páx. 5951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS611A 2024/10866-1 e tres máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas, as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra as resolucións que se notifican, poderán interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicadas por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 16 de decembro de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/10866-1

44839730B

Desestimación da reclamación

14.11.2024

2023/1234-1

32299919F

Desestimación da reclamación

13.11.2024

2024/7946-1

58056922T

Estimación da reclamación

18.10.2024

2024/0351-1

32768918J

Desestimación da reclamación

14.11.2024