De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas na ala sur do edificio administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
A Coruña, 16 de decembro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/13115-1 |
Y9020973L |
Requirimento da emenda da solicitude |
18.10.2024 |
|
2024/12891-1 |
76328605T |
Requirimento da emenda da solicitude |
7.10.2024 |
|
2024/13296-1 |
79331841B |
Requirimento da emenda da solicitude |
18.10.2024 |
|
2024/13422-1 |
X0062853V |
Requirimento da emenda da solicitude |
24.10.2024 |
|
2024/13209-1 |
34887409C |
Requirimento da emenda da solicitude |
4.11.2024 |
|
2024/13863-1 |
76313401E |
Requirimento da emenda da solicitude |
14.11.2024 |
|
2024/14251-1 |
Y5026902J |
Requirimento da emenda da solicitude |
3.12.2024 |
|
2024/11780-1 |
76335221S |
Requirimento da emenda da solicitude |
21.11.2024 |
|
2024/13775-1 |
X1794610N |
Requirimento da emenda da solicitude |
12.11.2024 |
