De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de editos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados poden comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias deste departamento territorial, na avenida de La Habana, nº 79, 7º andar, Ourense.
Fáiselles saber ás persoas interesadas que poden formular recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015. Advírteselles que, de non interpoñeren no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar no Departamento Territorial en Ourense, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que, noutro caso se incoara o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Ourense, 30 de decembro de 2024
Marta Vázquez Guzmán
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Acta infracción número |
NIF/CIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
|
120/2024 |
I322024000023038 |
76710669B |
Muíños |
Relacións laborais |
5.12.2024 |
|
125/2024 |
I322024000027280 |
12397287B |
Valladolid |
Relacións laborais |
5.12.2024 |
