De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social do Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo,das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución .
Advírtese que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, se procederá á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.
Expediente: 2015/9 (acta: I272015000003859).
Data da resolución: 28 de novembro de 2024.
Empresa: Óscar Javier Souto Míguez.
Enderezo: avda. Constitución, 33. 15930 Boiro (A Coruña).
Lugo, 3 de xaneiro de 2025
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
