DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se fai pública a resolución pola que se outorga permiso de actividade para a instalación dun establecemento de acuicultura na zona terrestre do concello de Moaña (expediente PE503A-2023-1).

En cumprimento do establecido no artigo 19 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre, faise público que, mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2025, se autoriza a instalación do establecemento que se describe:

Titular: Octolarvae, S.L.U. (B05321641).

Tipo de establecemento: criadeiro.

Localización: A Borna, Meira, concello de Moaña (Pontevedra).

Prazo de outorgamento: dez (10) anos, prorrogables por iguais períodos, con carácter indefinido.

Especie autorizada: polbo común (Octopus vulgaris).

Actividade de cultivo: experimentación larvaria de polbo común.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

Patricia García Sánchez
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica