En cumprimento do previsto nos artigos 163 e 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a extinción da concesión de augas que foi outorgada o 2 de xullo de 2000, cos seguintes datos:
Titular e solicitante: Queizuar, S.L.
NIF: ****9440*.
Expedientes: DH.A15.25241 e DH.A15.99739.
Volume total anual: 48.000 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,83 l/s.
Destino: uso industrial.
Orixe: 3 minas e 3 pozos.
Lugar: A Silva.
Parroquia: Bama.
Concello: Touro.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento do que se tramita a extinción consiste na captación de minas con destino a uso industrial no contorno das instalacións. O aproveitamento para o que se solicita nova concesión consiste na captación de auga desde 3 minas e 3 pozos. As minas 1 e 2 localízanse na parcela 421 do polígono 502, e conducen as augas mediante tubaxes de 63 e 75 mm ata un alxibe de 230 m³ situado no extremo leste das instalación da queixaría, na parcela 296. A mina 3 localízase na parcela 792 do polígono 512 e conduce as augas ao mesmo alxibe. Na parcela 791 do polígono 512 localízase un pozo de barrena de 150 m de fondo dotado de electrobomba que conduce as augas por tubaxe de 63 mm aos depósitos de 50 e 125 m³. Nas parcelas 791 e 792 do polígono 512 localízanse senllos pozos artesanais con aneis de formigón de 1 m e 7 m de fondo que conducen as augas aos depósitos mediante condución de 40 mm.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
