Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro de 2025, é necesario facer a seguinte corrección:
Na páxina 3878, no título da resolución, onde di:
«Resolución do 8 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa de Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S)».
Debe dicir:
«Resolución do 8 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa de Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S)».
Na páxina 3878, no «RESOLVE», onde di:
«1. Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa de Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN421S)».
Debe decir:
«1. Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa de Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN421S)».
