De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, resolveuse adxudicarlles destinos nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo aos/ás integrantes do corpo de médicos forenses nomeados/as funcionarios/as de carreira mediante a Orde do 9 de xaneiro de 2025, tendo en conta o seguinte:
Primeiro. Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos/ás cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro do prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segundo. Unha vez dilixenciada a toma de posesión, remitiranse exemplares do documento F1R para que se realicen as oportunas variacións en nómina: un exemplar será enviado ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza, outro exemplar será entregado ao/á interesado/a e outro quedará para constancia no órgano.
Terceiro. O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que sexan adxudicadas aos aspirantes aprobados cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión da persoa titular.
Cuarto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, e en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, reformado pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles/as aspirantes que posúan xa a condición de funcionarios/as de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.
Quinto. Os/as funcionarios/as do corpo de médicos forenses aos/ás cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que fosen destinados/as con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar no concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial
Sexto. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 15 de novembro de 2024 non adxudicadas na presente resolución manteñen a súa condición de desertas, sen prexuízo de que poidan anunciarse como vacantes nun concurso ordinario, se non se promulga a oferta de emprego público, ou no caso de que a oferta pública de emprego que corresponda non faga necesario o anuncio de todas as desertas existentes.
Contra a presente resolución poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Provincia |
Posto |
Unidade |
|
1 |
32641**** |
Dios García, Víctor Manuel |
A Coruña |
XG9251820015001309 |
Imelga. Subdirección Territorial da Coruña |
|
2 |
32441**** |
Molina Climent, Juan José |
A Coruña |
XG9251820015001307 |
Imelga. Subdirección Territorial da Coruña |
|
3 |
09263**** |
Moretón Alonso, Margarita |
A Coruña |
XG9251820015350301 |
Imelga. Subdirección Territorial de Ferrol |
|
4 |
34973**** |
Losada Gil, Ana |
Ourense |
XG9251820032001303 |
Imelga. Subdirección Territorial de Ourense |
|
5 |
52480**** |
Duro Costa, Concepción |
A Coruña |
XG9251820015350304 |
Imelga. Subdirección Territorial de Ferrol |
|
6 |
34922**** |
Bendaña Jácome, José Manuel |
Ourense |
XG9251820032001304 |
Imelga. Subdirección Territorial de Ourense |
|
7 |
35281**** |
De la Calle Blanco, Concepción |
A Coruña |
XG9251820015001302 |
Imelga. Subdirección Territorial da Coruña |
|
8 |
36048**** |
Miramontes Castro, Susana María |
Ourense |
XG9251820032001301 |
Imelga. Subdirección Territorial de Ourense |
|
9 |
16249**** |
Pérez de Albéniz del Val, Carmen Elvira |
A Coruña |
XG9251820015001304 |
Imelga. Subdirección Territorial da Coruña |
|
10 |
32758**** |
López Penoucos, Marta |
Lugo |
XG9251820027001305 |
Imelga. Subdirección Territorial de Lugo |
|
11 |
72042**** |
Trueba Salas, José María |
A Coruña |
XG9251820015001305 |
Imelga. Subdirección Territorial da Coruña |
