DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6193

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 10 de xaneiro de 2025 pola que se declara deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 11 de outubro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 205, do 23 de outubro).

Pola Orde do 11 de outubro de 2024 (DOG. núm. 205, do 23 de outubro), anunciouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación que se detalla no anexo desa orde.

De acordo co establecido na base sexta da dita orde, esta axencia

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Código do posto: EI.A11.00.000.15770.001.

Consellería: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Centro de destino: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo/subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: xeral.

Complemento específico: 7.714,00 euros.

Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).

Formación especifica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego –requisito indispensable–).