DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6195

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro); e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 242, do 17 de decembro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo, as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

1

***4716**

Martínez Penedo, José María

8

PXA110040532001012

Analista programador/a

FC

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Ourense

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Ourense

A2

22

2

***4581**

Vázquez Rodríguez, José Manuel

6

PXA110000415770021

Analista programador/a

FC

Área de Administración Dixital

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

3

***3324**

Silva Domínguez, María Isabel

3

PXA110040115001020

Analista programador/a

FC

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial A Coruña

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Coruña

A2

22

4

***9677**

Castaño Piñeiro, Miguel Ángel

2

PXA110000615770030

Analista programador/a

FC

Área da Sociedade Dixital

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

5

***1553**

Gil Rodríguez, Andrés

Excedencia por prestación de servizos no sector público

6

***1559**

Filgueira Ponce, Fernando

Excedencia por prestación de servizos no sector público

7

***8283**

Villa Vieiro, Pablo Alberto

7

PXA110000215770260

Analista programador/a

FC

Xerencia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Santiago de Compostela

A2

22

8

***6815**

López Vigo, Gustavo José

Excedencia por prestación de servizos no sector público

9

***8127**

Cotelo Lema, José Antonio

9

PXA110040636001011

Analista programador/a

FC

Área de Administración Dixital-Departamento Provincial Pontevedra

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Pontevedra

A2

22