DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6205

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2025 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución reitoral do 25 de agosto de 2023 (DOG do 6 de setembro), para o ingreso na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que figuran no anexo desta resolución

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que as persoas aspirantes se atopen en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a contar a partir do día hábil seguinte á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos. Promoción interna

Especialidade arquivos

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

*0757**

Fariña Fernández, Jaime

Especialidade bibliotecas

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

1

***9664**

Iglesias Otero, María Luisa

2

***4691**

Sempere Serrano, Isabel Pilar

3

***8619**

Cana Villar, María

4

***6348**

Diéguez Méndez, Yolanda