DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6244

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO do nomeamento de persoal laboral fixo.

Mediante o presente anuncio e unha vez finalizado o proceso selectivo referente á convocatoria para prover, polo sistema de concurso-oposición, unha praza de arquitecto técnico, incluída na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022, dentro do procedemento para a estabilización do emprego temporal derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola resolución da Alcaldía núm. 1105/2024, do 26.12.2024, noméase persoal laboral fixo do Concello de Ponteceso o seguinte aspirante:

Apelidos e nome

DNI

Denominación da praza

Grupo de clasificación/Subgrupo asimilado p. funcionario

Resolución de nomeamento

Calvo Pérez, Ernesto Fernando

***1532**

Arquitecto técnico

Grupo II / A2

Decreto 1105/2024, do 26 de decembro

O que se fai público para os efectos oportunos.

Ponteceso, 30 de decembro de 2024

José Manuel Mato Martínez
Alcalde