DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2025 Páx. 6245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza (expediente 2213/2018).

Logo da correspondente tramitación administrativa, de acordo coas disposicións legais aplicables, o Pleno do Concello de Verín, na sesión ordinaria do 10.7.2024, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións da rolda interior (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza, no concello de Verín, promovido polo Concello de Verín segundo o documento técnico redactado por Otima, S.L. con data xuño de 2024 e presentado no Rexistro Telemático deste concello con data 6.6.2024 (número de Rexistro de entrada 2024-E-RE-1254).

Segundo. Publicar o citado instrumento de planeamento, de acordo co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da citada lei, de modo que alcance a necesaria eficacia xurídica coa súa entrada en vigor.

Efectuarlles, así mesmo, a notificación individualizada aos titulares catastrais dos terreos afectados, de acordo co disposto no artigo 186.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Terceiro. Trasladarlle ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a derradeira versión do documento do Plan especial de infraestruturas e dotación EID da rolda interior (tramo sexto) e parque do Támega-Preguiza, que aproba polo Pleno, para a súa inscrición, dando así cumprimento ao previsto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

De acordo co disposto no artigo 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, ponse de relevancia que as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do citado plan especial se inclúen na memoria xustificativa do documento técnico aprobado definitivamente, que se pode consultar integramente no seguinte enderezo electrónico do Concello de Verín:

https://verin.sedelectronica.gal/info.0

Segundo o disposto no artigo 82.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento que conteña a normativa e as ordenanzas publicarase no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

En todo caso, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan aprobado quedan condicionadas á inscrición do planeamento no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e ao que dispoña para tal efecto a lexislación vixente en materia de réxime local.

Contra este acordo, que aproba unha disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis conveniente ao seu dereito.

Verín, 14 de xaneiro de 2025

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde