De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para ser notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.
As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer, para seren notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
As notificacións pendentes tamén se poderán obter mediante comparecencia no Sistema de notificación electrónica de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.
Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida, para todos os efectos legais, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2025
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
|
Persoa interesada |
Procedemento |
|
Salamanca Babarovich, Roxana Edith del Rosario |
Homologación / validación de estudos estranxeiros non universitarios |
|
Alvariño López, Josefina |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
González Pérez, Mª Ángeles |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Freire Castroseiros, José Carlos |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Lage Casado, Josefa |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Lameiro Caneda, Natalia |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Oróns López, Encarnación |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Ojea Bermúdez, Carlos |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Pernas Fraga, Pilar |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Rodríguez Canabal, Mª Mar |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
|
Vilariño Ares, Mª Isaura |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
