DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Páx. 6609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de corrección de erros nas bases de selección de promoción interna e no nomeamento de persoal funcionario.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 16 de xaneiro de 2025, logo de rectificación das bases correspondentes, aprobouse corrixir o erro advertido no anuncio de nomeamento de funcionarios de carreira do Concello de Carballedo, publicado no DOG núm. 9, do 15 de xaneiro, de tal xeito que onde di:

«As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial del Estado».

Debe dicir:

«As persoas interesadas deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia».

Carballedo, 16 de xaneiro de 2025

Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde