DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2025 Páx. 6610

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024 de notificación do procedemento da orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración e ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa:

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 2102-2024)

Resolución de inicio O.E. do 9.12.2024

36043A026004580000JD 

(Polígono 26-parcela 458)

Covelo-A Insua

Ponte Caldelas

Segundo Pintos Juncal

Orde de execución

(Exp. 2103-2024)

Resolución de inicio O.E. do 9.12.2024

36043A036011550000JG 

(Polígono 36-parcela 1155)

Covelo-A Insua

Ponte Caldelas

Jesús Teodosio Quinteiro

Orde de execución

(Exp. 1648-2024)

Resolución de inicio O.E. do 16.12.2024

36043A043002820000JY 36043A043002820001KU

 Polígono 43-parcela 282)

A Insua

Ponte Caldelas

Esperanza Regueira Ventín

En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará ao día seguinte da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puider determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e para repercutirlles os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitarlles os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 18 de decembro de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente