No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 11, do 17 de xaneiro de 2025, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para o ano 2024.
A concelleira de Servizos non territorializados convocou, mediante a Resolución do 26 de decembro de 2024, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2024, que a continuación se sinalan:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala técnica. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 3. Denominación: técnico/a medio/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 6. Denominación: administrativo/a. Das seis prazas convocadas, tres cubriranse polo procedemento de promoción interna e tres mediante quenda libre. Das tres prazas convocadas mediante quenda libre, reservarase unha delas para persoas con discapacidade intelectual e outra para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 5. Denominación: auxiliar. Das cinco prazas convocadas, tres cubriranse polo procedemento de promoción interna e dúas mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: agrupación profesional. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 2. Denominación: Subalterno/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a medio/a Relacións Laborais, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: traballador/a social, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: axente de igualdade, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase cometidos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a auxiliar de proxectos, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial canteiro/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial condutor/a mecánico/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: operario/a, mediante quenda libre.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado; os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación, nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 17 de xaneiro de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorizalizados
