DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de decembro de 2024 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda peonil na AC-433 (Laxe). Segunda fase, de clave AC/24/010.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido. Actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, recolle no seu artigo 6.2 aqueles elementos que teñen a consideración de elementos funcionais da estrada, entre os que se atopan os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas. Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de maio de 2024 a Estratexia Galega de Mobilidade, cuxo obxectivo é analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia e adaptala aos retos da sociedade do futuro en materia de mobilidade sustentable.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 17 de decembro de 2024, aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado da senda peonil na AC-433 (Laxe). Segunda fase, de clave AC/24/010.06, no concello de Laxe (A Coruña); para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se for o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.

Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Coruña, na casa do concello de Laxe; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Senda peonil na AC-433 (Laxe). Segunda fase

Clave: AC/24/010.06

Concello de Laxe

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación m²

Ocupación
temporal m²

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

15041A50200249

502

249

Francisco Amado Romero

***5524**

Urbanizado

37,4

Concepción Aguiar Paz

***8062**

Rural

237,3

2

15041A01000013

10

13

María Teresa Vilariño Romero

***9190**

Rural

615,06

4

001001300MH98D

100

13

Lourdes Vázquez Pérez

***0559**

Urbanizado

10,6

9

m

Peche

3

Muro de bloques

2

m

Malla metálica

5

15041A50400286

504

286

Severino Pazos Feal (hros.)

***2220**

Rural

150,06

109,28

2

ud

Árbore de xardín

1

ud

Planta ornamental

6

15041A50400283

504

283

Baselisa Santiago Carracedo

***6030**

Urbanizado

8,06

7

15041A50400103

504

103

Antonio Pérez Pazos

***5955**

Urbanizado

15,80

Rural

13,62

8

15041A50400102

504

102

Marta Pérez Rama

***5150**

Urbanizado

107,99

Javier Ángel Pérez Rama

***3665**

Mónica Pérez Rama

***3665**