O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora no anexo I desta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2025
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total (€) |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. (CSIC) para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación destinada a complementar as axudas ao persoal investigador principal gañador dunha axuda do Programa do Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do Programa Horizon Europe |
8.10.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación, a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P. CSIC, para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación e fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do Programa Horizon Europe |
15.10.2024 |
300.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster en Desenvolvemento Económico e Innovación |
27.11.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia Galega de Innovación e a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ATIGA) para fomentar a transferencia e internacionalización da I+D+i desenvolvida en Galicia |
9.12.2024 |
210.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Enxeñaría Aeronáutica |
23.12.2024 |
4.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados |
23.12.2024 |
6.000,00 € |
|
Quinta addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020 |
23.12.2024 |
31.000,00 € |
