De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia
RESOLVE:
Facer público o Acordo plenario do 15 de xaneiro de 2025, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se designan os conselleiros integrantes da Sección de Estudos e Informes para 2025, do teor literal seguinte:
«Segundo o disposto nos artigos 21 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, e 18 do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 15 de xaneiro de 2025, acorda:
Primeiro. A designación do conselleiro electivo Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e do conselleiro electivo José Antonio Fernández Vázquez como membros da Sección de Estudos e Informes para o ano 2025.
Segundo. Que, de acordo co número 2 do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2025
Andrés Lago Louro
Presidente do Consello Consultivo de Galicia
