En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro),
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios e protocolos subscritos pola Escola Galega de Administración Pública referida aos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO
Convenios e protocolos de colaboración subscritos pola Escola Galega de Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024
|
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
|
Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a organización do curso de formación de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional |
30.9.2024 |
Sen achega económica por parte da EGAP |
