Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan non anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordado pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas no Departamento Territorial de Ourense, na avenida de La Habana, nº 79, 1º, 32004, Ourense.
Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.
Transcorrido o dito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito, por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
O que se notifica de acordo coa normativa indicada.
Ourense, 9 de xaneiro de 2025
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2024/5335-3 |
34992430T |
|
PR204A 2024/5365-3 |
44659235C |
|
PR204A 2024/5412-3 |
44460872D |
|
PR204A 2024/5513-3 |
47965340J |
