DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Crecente (expediente IN407A 2024/320-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: Avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Regulamentación LMTA FRI804, apoios APULNLHT//12 e APTQHCJ3//12-1.

Situación: Crecente.

Características técnicas:

Substitución dos apoios APULNLHT//12 e APTQHCJ3//12-1 da LMTA FRI804 por un apoio C-3000/16 e un apoio C-1000/16, respectivamente.

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 80 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-3000/16 en substitución do APULNLHT//12 e final no apoio proxectado C-1000/16 en substitución do APTQHCJ3//12-1.

Retensado do van posterior ao apoio proxectado C-1000/16 (56 metros de condutor LA-30).

Retensado do van anterior e posterior ao apoio proxectado C-3000/16 (294 metros de condutor LA-110).

A instalación está situada na Capela, na parroquia de Quintela, no concello de Crecente (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto  955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/320-4.

Denominación: Regulamentación LMTA FRI804, apoios APULNLHT//12 e APTQHCJ3//12-1.

Concello: Crecente.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Capela-Quintela

Rústico

36014A016001060000YM

Olga Álvarez Cerqueira

1

2,00