Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no yítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Regulamentación LMT FRI804: substitución do apoio ALSE9CNS//53.
Situación: Arbo.
Características técnicas:
Substitución do apoio ALSE9CNS//53 da LMT FRI804 por un apoio C-1000/18.
Retensado dos vans contiguos ao apoio proxectado C-1000/18 (477 de condutor LA-80).
A instalación está situada en Boimil, no concello de Arbo (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria
(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 2 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2024/349-4.
Denominación: Regulamentación LMT FRI804: substitución do apoio ALSE9CNS//53.
Concello: Arbo.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Barca, Boimil |
Urbano |
36001A038004130000SS |
José Fernández Domínguez |
53 |
2,00 |
