DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6955

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello de Ramirás (expediente IN407A 2024/78-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CEL805 no treito entre os apoios núm. 50 e 58, na casa do concello de Ramirás, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 9 de xaneiro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/78-3.

Instalación: regulamentación LMTA CEL805 no treito entre os apoios núm. 50 e 58.

Concello: Ramirás.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Parcelaria

32069A501002410000DI

Josefina Amoeiro Rodríguez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Ramirás

10.3.2025

12.30

2

Parcelaria

32069A501102230000DR

José Antonio Fernández Fernández

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Ramirás

10.3.2025

12.35

3

Parcelaria

32069A501202230000DH

Celsa Atrio Fernández

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Ramirás

10.3.2025

12.40

5

Parcelaria

32069A501001740000DD

Herdeiros de Sergio Pardo

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Ramirás

10.3.2025

12.45