DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio a persoa afectada pola expropiación é informada da consignación dos depósitos de prezo xusto do ben e dereitos afectados polo proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2, no concello de Cangas, que figura no cadro anexo.

O interesado poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta na que se ingresará o depósito.

Vigo, 9 de xaneiro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO/C/2520.2.

Entidade beneficiaria: Consorcio Zona Franca de Vigo.

Denominación da instalación: proxecto de rehabilitación da concesión mineira San Amaro 2.520.2.

Concello: Cangas.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

055

36008A032000550000JG

Cándido Menduiña Carballo

2024/54/478