De conformidade co establecido no artigo 49.9 dos estatutos do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, aprobados mediante o Decreto 201/2008, do 24 de xullo, faise público o contido da acta de proclamación das candidaturas electas relativo ao procedemento electoral para a cobertura de tres postos vacantes da Xunta de Goberno (poñente de Cultura e dous vogais), formalizada o 18 de xaneiro de 2025.
Os que subscriben, presidenta, secretario e vogais da Xunta Electoral das eleccións para a cobertura de tres postos vacantes da Xunta de Goberno (poñente de Cultura e dous vogais), do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en cumprimento do establecido no artigo 49.9 dos estatutos, certifican:
Que polo Acordo adoptado polo Pleno da Xunta de Goberno, do 14 de novembro de 2024, procedeuse á convocatoria de eleccións para a cobertura de tres postos vacantes da Xunta de Goberno (poñente de Cultura e dous vogais) e fixouse como día para a súa realización o día 17 de febreiro de 2025.
Que na convocatoria de eleccións observáronse todos os requisitos legais que a súa realización exixe, como son a publicidade destas, elección dos membros da Xunta Electoral, exposición do censo, prazos de presentación de impugnacións, etc.
Finalizado o prazo de presentación de candidaturas o 17 de xaneiro, tan só foron admitidas unha única candidatura para cada vacante convocada. Mediante o Acordo da Xunta Electoral, do 18 de febreiro, aprobouse a proclamación das candidaturas presentadas e admitidas; así mesmo, acordouse a omisión da realización dos comicios fixados para o día 17 de febreiro de 2025.
A teor do exposto, e considerando que as candidaturas presentadas e admitidas cumpren as condicións requiridas, procédese a proclamar as seguintes candidaturas admitidas como electas:
Poñente de Cultura: Marta Romero Salgueiro.
Vogal: María Teresa Pais Mayo.
Vogal: María del Valle Martínez Falcón.
Os membros da Xunta Electoral, transcorridos os prazos de impugnación, se os houbese, cesarán automaticamente nas súas funcións.
Segundo o disposto no artigo 49.9 publicarase o resultado das eleccións no Diario Oficial de Galicia (DOG) con carácter de urxencia.
E para que produza os efectos oportunos expídese a presente certificación, asinada polos membros da Xunta Electoral, en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 2025. Asinado: presidenta: Carolina Barrero López, secretario: Francisco Javier Pardo Otero, vogal: Mª Dolores Caamaño Lata, vogal: Diana Vidal Freire e vogal: Ana Núñez Torres.
Santiago de Compostela, 18 xaneiro de 2025
Carolina Barrero López
Presidenta da Xunta Electoral
