DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6976

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo, correspondente á oferta de emprego público de 2023.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 625/2023, do 11 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao exercicio de 2023, realiza a convocatoria para cubrir unha praza de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo, mediante contrato indefinido a tempo completo, polo procedemento de concurso-oposición:

– 1 praza de técnico/a de sistemas de información e comunicacións GII BII N6.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es

Os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes.

Vigo, 14 de xaneiro de 2025

Carlos Botana Lagarón
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo