Acordo do Pleno do Concello de Sanxenxo, do 30 de decembro de 2024, polo que se aproba definitivamente a modificación puntual número 1 do plan parcial do SU 8 do Plan xeral de ordenación municipal, no lugar da Granxa, na parroquia de Dorrón.
O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30 de decembro de 2024, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual número 1 do plan parcial do SU 8 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, no lugar da Granxa, na parroquia de Dorrón, do municipio de Sanxenxo.
O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia e na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal).
Con carácter específico, publícase ademais o documento ambiental estratéxico (arquivo 36051_MP01PP_202407_AD_AAE_01DAE.pdf), que contén as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan.
De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente a dereito.
Sanxenxo, 16 de xaneiro de 2025
Telmo Martín González
Alcalde presidente
