DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2025 Páx. 6877

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2025 pola que se acorda publicar o extracto dos estados de ingresos e gastos do orzamento para o exercicio económico do ano 2025.

O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (en diante, USC), na reunión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2024, de conformidade co disposto no artigo 47.2, da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (LOSU), así como no artigo 75.3, letra c), da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio económico do ano 2025.

Por conseguinte, esta reitoría, sobre a base do establecido polo artigo 57 e concordantes da citada LOSU, resolve ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dun resumo do referido orzamento, tanto no seu estado de ingresos como de gastos, por unha contía inicial en cada un deles de 328.336.993 euros, segundo se recolle no anexo.

O documento completo figura publicado no taboleiro electrónico da USC, ao cal se accede na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/130838/carga.htm

Igualmente, pódese consultar na información económica contida na páxina web da Xerencia: https://www.usc.gal/es/institucional/gobierno/area/sxeco/orc/orzamentos

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Clasificación económica. Resumo do orzamento por capítulos en ingresos e gastos

Ingresos

Capítulo

Afectado

Non afectado

Total

III

Prezos públicos e outros ingresos

33.129.000

33.129.000

IV

Transferencias correntes

5.046.085

166.643.786

171.689.871

V

Ingresos patrimoniais

-

680.000

680.000

VI

Alleamento investimentos reais

-

-

-

VII

Transferencias de capital

74.287.747

45.423.911

119.711.658

IX

Pasivos financeiros

3.126.464

3.126.464

Total

82.460.296

245.876.697

328.336.993

Importes en euros

Gastos

Capítulo

Afectado

Non afectado

Total

I

Gastos de persoal

-

188.541.097

188.541.097

II

Gastos correntes

839.835

28.339.165

29.179.000

III

Gastos financeiros

-

775.000

775.000

IV

Transferencias correntes

2.500.000

3.629.722

6.129.722

V

Fondo continxencia

-

750.000

750.000

VI

Investimentos reais

72.565.907

21.471.088

93.936.995

IX

Pasivos financeiros

6.654.554

2.370.625

9.025.179

Total

82.460.296

245.876.697

328.336.993

Importes en euros