Mediante a Resolución reitoral do 15 de setembro de 2023 (DOG do 27 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo II, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión, cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
• Tribunal titular:
Presidente:
– Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– María José Cabanas Rodríguez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– José Manuel Piñeiro Domínguez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Tomás Vilariño Fidalgo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
Secretaria:
– Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.
• Tribunal suplente:
Presidente:
– José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– María José Dopazo Oubiña, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Juan Oreiro Formoso, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– José Antonio Antelo Castelo, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Carmen Ríos López, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
