DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta, acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo no expediente PR204A 2024/5117-2 e oito máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 10 de xaneiro de 2025

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR 204A 2024/5117-2

Viveros Mañente, S.L.

Estimatoria

PR 204A 2024/5175-2

Iván Martos Guerrero

Estimatoria

PR 204A 2024/5226-2

Hori José Rangel Jiménez

Estimatoria

PR 204A 2024/5248-2

Lara Rodríguez Moreno

Estimatoria

PR 204A 2024/5257-2

Life and Enjoy

Estimatoria

PR 204A 2024/5313-2

María Teresa Chao Victorino

Estimatoria

PR 204A 2024/5448-2

Ignacio Blanco, Construcciones Reformas y Reh.

Desestimatoria

PR 204A 2024/5487-2

José Iravedra Seijo

Estimatoria

PR 204A 2024/5588-2

Borja de Castro Solórzano

Estimatoria