DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Plastic Omnium Equipamentos Exteriores, S.A.U., para a planta de fabricación de compoñentes de plástico para o automóbil, situada no concello de Redondela (Pontevedra) (expediente 2023-IPPC-M-89).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fabricación de compoñentes de plástico para o automóbil

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada e inscrición como xestor de residuos perigosos

Titular: Plastic Omnium Equipamentos Exteriores, S.A.U.

Expediente: 2023-IPPC-M-89

Localización: concello de Redondela (Pontevedra)

Núm. rexistro AAI: 2006/0391_NAA/IPPC_047

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade