DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: Fábrica de formaldehído, colas e resinas, xestión de residuos perigosos e produción de metanol verde

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Forestal del Atlántico, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2006/0349_NAA/IPPC_168

Localización: concello de Mugardos (A Coruña)

Expediente: 2024-IPPC-M-103

Instalación: explotación avícola de recría de galiñas reprodutoras e galos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Lamaga, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-91-328

Localización: lugar de Míllara-Garabelos, concello de Baltar (Ourense)

Expedientes: 2023-IPPC-M-087, 2024-IPPC-M-060

Instalación: explotación porcina de porcas reprodutoras en Esposende

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Manuel Gómez-Franqueira Álvarez

Núm. rexistro AAI: 2020-IPPC-10_343

Localización: concello de Cenlle (Ourense)

Expediente: 2023-IPPC-M-118

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade