Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA TUI803 Hospital, que se realizarán na casa do concello de Tomiño, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 13 de xaneiro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/379-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforma LMTA TUI803 Hospital.
Concello: Tomiño.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
36054A052003870000EU |
Maceiras |
Descoñecido |
15 de maio de 2025 |
13.00 |
|
2 |
36054A052003560000EH |
Maceiras |
Descoñecido |
15 de maio de 2025 |
13.00 |
