En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, acordouse depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionaisde Transporte que pasa a denominarse Federación Apetamcor.
(https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos)
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán formar parte da Federación as asociacións inscritas no Rexistro de asociacións competente que integren no seu seo a empresarios e profesionais do transporte e que estean interesadas nos fins da Federación.
– Asinantes: Javier Adolfo González Diéguez e Maíia Elisa Otero López.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024
Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais
