DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2025 Páx. 7091

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2024.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlles publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2025

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas no terceiro cuadrimestre do ano 2024

Descrición

Data de sinatura

Importe

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Monterroso para a realización de obras en materia de urbanismo.

11.9.2024

206.453,40 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Lousame para a realización de obras en materia de urbanismo.

12.9.2024

296.134,76 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Outes para a realización de obras en materia de urbanismo.

17.9.2024

65.757,05 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Boimorto para a realización de obras en materia de urbanismo.

18.9.2024

198.927,05 €

Convenio de colaboración entre a Consellería e Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) no marco do Proxecto Terra 2024-2026.

27.9.2024

84.000,00 €

Addenda número 5 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade dos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal.

13.11.2024

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Sober para a realización de obras en materia de urbanismo.

22.11.2024

49.521,47 €

Addenda número 2 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Rábade para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

3.12.2024

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Oroso para a realización de obras en materia de urbanismo.

20.12.2024

493.775,67 €